O pasado 21 de marzo realizamos unha actividade organizada polo equipo que colabora co Plan Proxecta dirixida para todo o centro escolar de A Cañiza.
Consiste nunha actividade encamiñada a concienciar a todas as persoas que forman a comunidade educativa sobre a necesidade de protexer os montes e demais superficies arboladas.
A actividade consistiu, principalmente en plantar árbores de tipo castiñeiro e cerdeiras nun monte próximo ao centro educativo, substituír os que secaron e que foran plantados anteriormente e promover a concienciación de todos os asistentes no coidado das árbores e coñecer a súa utilidade.
O alumnado de primaria dividiuse en dúas tandas. Na primeira achegáronse os alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro. No segundo turno, os restantes.
Cada grupo foi acompañado polo seu titor. Ata o monte achegáronse as seguintes dotacións:
- Unha representación do Concello da Cañiza, encabezada polo seu alcalde Miguel Domínguez
- Un equipo de Brigadas de Reforzo de Incendios Forestales
- Un retén de A Cañiza
- Axente Forestal (Antón)
- Vixiante forestal de Montouto (Carmen)
- Técnico de distrito (Venancio e Manuel)