Achegámonos ao Alto de Montouto

A derradeira proposta que xurde do Plan Proxecta levounos ata o Alto de Montouto e o mirador de Fontefría para recoñecer e explotar todas as posibilidades que nos ofrece esta fermosa paraxe e que pasamos a describilas a continuación:

Saímos ás 10:30h do cole en dirección a Montouto. Durante o traxecto visitamos unha explotación forestal onde nos explicaron en que consistía a biomasa e os recursos que podemos aproveitar da explotación dos nosos bosques.

A continuación detivémonos nunha fraga para compartir un almorzo campestre.

Tras repoñer forzas, estivemos observando as diferentes especies animais e vexetais da zona e coa axuda das nosas guías puidemos recoñecer as diferenzas entre elas.

Continuamos a nosa viaxe ata o Alto de Montouto ata chegar ao cume e xa alí realizamos diferentes actividades programadas:

  • Visitamos o punto de vixiancia de incendios e nos explicaron como se dan os sinais cando a vixiante ve un lume.
  • Observamos as zonas de plantación de árbores e os espazos de máxima protección ambiental.
  • Identificamos a ubicación de diferentes lugares que poiamos ver desde a nosa posición: Manzaneda, A Cañiza, Cangas, a desembocadura do río Miño, as illas atlánticas Cíes e ata Potugal !!
  • Tamén nos explicaron a lenda das tres cruces e os pastores do Mirador de Fontefría
  • Deixamos unha mensaxe para o clube de Montañeiros Celtas

Durante o traxecto de regreso ao cole aínda nos detivemos a ver o cráter do “Meteorito de Montouto”.

Agradecer enormemente a colaboración de Carmen, vixiante forestal de Montouto e Antón, axente forestal, que organizaron unha xornada de educación ambiental perfectamente organizada e inesquecible para todo o alumnado !!

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s