O noso cartafol das árbores

A tarefa encomendada polos nosos mestres para as vacacións de Nadal consistiu na elaboración dun cartafol onde recollimos unha mostra de corteza ou calquera outra mostra das diferentes especies que podemos atopar no noso contorno máis próximo.

O traballo consiste en recoller algunha folla, rama ou anaco de conteza principalmente das seguintes especies: Carballo, Castiñeiro, Eucalipto, Bidueiro, Piñeiro, Plataneiro e unha moi especial, o Sobreiro.

O obxectivo da tarefa é elaborar un cartafol como o que se adxunta nas imaxes e que foi elaborado por un grupo de alumnos de 4º de primaria

 

Taller sobre o coñecemento de diferentes especies autóctonas do noso contorno

Un vixiante forestal do distrito XVII achéganos varias especies da flora da zona: piñeiro, carballo, vidueiro, loureiro, romero, acebo, fentos, codesos e musgos das cales falamos de diferentes aspectos característicos sobre cada unha delas.

No carballo puidemos ver o seu primeiro desenvolvemento no chan e a continuación o seu xoven brote, tendo a landra aínda pegada as súas raíces. Aproveitando as festas do Nadal, mostramos o acivro e o musgo, nos cales deteñémonos bastante tempo, informando ós nenos como ter un acivro na casa, sen necesidade de expoliar o monte e como aproveitar unha poda de mantemento das nosas árbores para o noso proveito, sen esgotar nin danar as especies que nos rodean.

Coversamos sobre o equilibrio que ten que haber entre nós e o ecosistema, de como pisar e pasear polo monte, observando novos brotes e integrarnos sen danar a natureza.

Tamén tratamos o tema das aves, de como axudan á recuperación e repoboación de distintas especies forestais.

Pechamos a visita co tema dos fungos e os musgos, sinalando a importancia do musgo no ecosistema, o hábitat que vive debaixo dese manto verde e do dano causado arrincando nun espazo natural como rochas, árbores, humedais, etc.

Creamos o noso recuncho

Durante este mes de novembro o alumnado de 4º de Primaria elaboramos o recuncho do noso Plan Proxecta. Recollemos diferentes follas e froitos de árbores autóctonas do noso contorno e expoñémolas para que as coñezan os demais compañeiros e compañeiras do cole.

Investigamos sobre algunhas especies próximas ao centro escolar, como son o castiñeiro, o plataneiro, o carballo, o piñeiro, xestas, fentos e toxos.

 

Programación 2019-2020 -O Monte vivo-

Plan Proxecta CPI de A Cañiza: O monte vivo

 

Introdución

O proxecto que levaremos a cabo ten como obxectivo principal a concienciación do alumnado da protección do medio natural fronte aos incendios forestais, valorando os recursos dos bosques, os seus usos sostibles e a contribución á protección da biodiversidade.
Consideramos que o proxecto pode ser moi útil para un grupo de alumnos e alumnas que viven principalmente no medio rural e o centro está ubicado nunha Zona de Alto Risco de incendios (ZAR).
O feito de estar desenvolvido por diferentes mestres do centro pode ser tratado dun xeito interdisciplinar polo que os contidos que tratamos no proxecto poden relacionarse con diferentes áreas do currículo.

 

Obxectivos

* Valorar o monte como un ecosistema produtor de múltiples bens e servizos.
* Reaccionar ante os incendios e a degradación do chan.
* Coñecer a biodiversidade do noso contorno: micoloxía, flora, fauna, etc.
*Identificar unha turbera e recoñecer o ecosistema que se pode dar nela.

 

Organización, desenvolvemento e metodoloxía

* Organización:
– Tres axente forestais: Alberto Porto Crespo, Iván Urtaza Coto e Antón Pereiras Pereiras.
– Un vixiante fixo da Consellería de Medio Rural do distrito XVII, o cal está clasificado como ZAR (Zona de Alto Risco): Carmen Rodríguez López.
– Dous técnicos forestais: Manuel Méndez López e Venancio Miniño Rodríguez.
– Docentes: Javier Paredes, Juan Manuel Rodríguez e Sonia Rivera.

* Desenvolvemento:
– Elaboración dun novo recuncho de aula para o noso proxecto
– Elaboración dun arboreto con distintas especies arbóreas autóctonas.
– Recoñecemento dos distritos forestais e dun ZAR
– Descripción nunha maqueta da erosión e os danos dos incendios.
– Visita ao monte de Fontefría para o recoñecemento de especies forestais, seres vivos e as turberas.
– Realización dun refuxio de caza.
– Saída ao entorno de Montouto onde realizaremos un breve cuestionario con diversas actividades relacionadas co Proxecto e remataremos cunha merenda baixo a sombra das árbores.

* Metodoloxía:
A metodoloxía que empregaremos para o desenvolvemento das actividades está baseada no aprendizaxe por proxectos, baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizas, centrándonos na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno máis inmediato.
Utilizaremos como medio os seguintes recursos:
– O conto do home do lume. Explotación dos recursos do mesmo.
– Charlas informativas por parte de persoal especializado da Consellería de Medio Rural
– Exposición de audiovisuais relacionados cos incendios forestais e a explotación dos recursos forestais
– Realización de cuestionarios e actividades
– Investigación e descubrimento de novos aprendizaxes a través de fichas explicativas.
– Saídas ao monte realizando diversas actividades.

 

Avaliación

Na avaliación do proxecto valoraremos principalmente a participación activa de todo o alumnado nas diferentes actividades propostas e as dinámicas que serán levadas a cabo.
O alumnado debe participar e ser protagonista principal do proceso, non permanecer como simple espectador.
Todo o traballo que sexa realizado no desenvolvemento do proceso será visibilizado nun blog. Adxunto a seguinte ligazón para a visualización do proxecto:
https://omontevivo.wordpress.com/

Tamén faremos unha avaliación do proceso, para comprobar que o desenvolvemento do proxecto foi o axeitado e se o alumnado acada os obxectivos que foron propostos no inicio do proxecto.
Ao largo do proxecto iremos realizando preguntas xerais ao alumnado para avaliar o seu interese polas diferentes actividades e o seu grado de interese.

Achegámonos ao Alto de Montouto

A derradeira proposta que xurde do Plan Proxecta levounos ata o Alto de Montouto e o mirador de Fontefría para recoñecer e explotar todas as posibilidades que nos ofrece esta fermosa paraxe e que pasamos a describilas a continuación:

Saímos ás 10:30h do cole en dirección a Montouto. Durante o traxecto visitamos unha explotación forestal onde nos explicaron en que consistía a biomasa e os recursos que podemos aproveitar da explotación dos nosos bosques.

A continuación detivémonos nunha fraga para compartir un almorzo campestre.

Tras repoñer forzas, estivemos observando as diferentes especies animais e vexetais da zona e coa axuda das nosas guías puidemos recoñecer as diferenzas entre elas.

Continuamos a nosa viaxe ata o Alto de Montouto ata chegar ao cume e xa alí realizamos diferentes actividades programadas:

  • Visitamos o punto de vixiancia de incendios e nos explicaron como se dan os sinais cando a vixiante ve un lume.
  • Observamos as zonas de plantación de árbores e os espazos de máxima protección ambiental.
  • Identificamos a ubicación de diferentes lugares que poiamos ver desde a nosa posición: Manzaneda, A Cañiza, Cangas, a desembocadura do río Miño, as illas atlánticas Cíes e ata Potugal !!
  • Tamén nos explicaron a lenda das tres cruces e os pastores do Mirador de Fontefría
  • Deixamos unha mensaxe para o clube de Montañeiros Celtas

Durante o traxecto de regreso ao cole aínda nos detivemos a ver o cráter do “Meteorito de Montouto”.

Agradecer enormemente a colaboración de Carmen, vixiante forestal de Montouto e Antón, axente forestal, que organizaron unha xornada de educación ambiental perfectamente organizada e inesquecible para todo o alumnado !!

 

 

Conmemoramos o Día da Árbore: 21 de marzo

O pasado 21 de marzo realizamos unha actividade organizada polo equipo que colabora co Plan Proxecta dirixida para todo o centro escolar de A Cañiza.

Consiste nunha actividade encamiñada a concienciar a todas as persoas que forman a comunidade educativa sobre a necesidade de protexer os montes e demais superficies arboladas.

A actividade consistiu, principalmente en plantar árbores de tipo castiñeiro e cerdeiras nun monte próximo ao centro educativo, substituír os que secaron e que foran plantados anteriormente e promover a concienciación de todos os asistentes no coidado das árbores e coñecer a súa utilidade.

O alumnado de primaria dividiuse en dúas tandas. Na primeira achegáronse os alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro. No segundo turno, os restantes.

Cada grupo foi acompañado polo seu titor. Ata o monte achegáronse as seguintes dotacións:

 

Coñecemos as especies exóticas invasoras presentes en Galicia

A seguinte actividade proposta para o noso alumnado consiste en coñecer e identificar as diferentes especies, tanto vexetais como animais, non autócnonas presentes en Galicia que poden ameazar as nosas especies.

En cada aula repartiuse diferente información sobre especies exóticas invasoras e unhas guías e folletos explicativos da Consellería de Medio Ambiente.

Accedemos á web da Consellería de Medio Ambiente:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=Plan_expecies_exoticas_invasoras.html&sub=Xestion_EEI/

onde traballamos diferentes recursos e material divulgativo:

Tamén traballamos cun artigo do Faro de Vigo onde trata esta problemática en Galicia e que cada día vai a máis:

https://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/04/15/enemigo-casa/1006196.html

O noso arboreto

A seguinte actividade proposta para o noso alumnado consistiu en recoller follas de árbores autóctonas e outras variedades que podemos atopar na nosa localidade, A Cañiza, para a elaboración dun “Arboreto en papel” polo que foi precisa a colaboración das familias.

As especies seleccionadas foron o carballo, castiñeiro, eucalipto, bidueiro, acivro, plataneiro, pino pinaster, pino silvestre, roble americano, mimosa, xesta, fento e toxo.