Coñecemos as especies exóticas invasoras presentes en Galicia

A seguinte actividade proposta para o noso alumnado consiste en coñecer e identificar as diferentes especies, tanto vexetais como animais, non autócnonas presentes en Galicia que poden ameazar as nosas especies.

En cada aula repartiuse diferente información sobre especies exóticas invasoras e unhas guías e folletos explicativos da Consellería de Medio Ambiente.

Accedemos á web da Consellería de Medio Ambiente:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=Plan_expecies_exoticas_invasoras.html&sub=Xestion_EEI/

onde traballamos diferentes recursos e material divulgativo:

Tamén traballamos cun artigo do Faro de Vigo onde trata esta problemática en Galicia e que cada día vai a máis:

https://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/04/15/enemigo-casa/1006196.html

O noso arboreto

A seguinte actividade proposta para o noso alumnado consistiu en recoller follas de árbores autóctonas e outras variedades que podemos atopar na nosa localidade, A Cañiza, para a elaboración dun “Arboreto en papel” polo que foi precisa a colaboración das familias.

As especies seleccionadas foron o carballo, castiñeiro, eucalipto, bidueiro, acivro, plataneiro, pino pinaster, pino silvestre, roble americano, mimosa, xesta, fento e toxo.

 

 

Taller sobre o castiñeiro, as castañas e O Magosto

Durante o mes de novembro o alumnado do Proxecto O monte vivo traballamos sobre unha das árbores autóctonas máis representativas de Galicia, o castiñeiro. Tamén fixemos actividades sobre o seu froito, a castaña e coñecemos a festividade de O Magosto moi popular na nosa localidade.

Realización dun caderno de actividades co obxectivo de investigar sobre o castiñeiro e os soutos de Galicia fomentando a constución da súa aprendizaxe.

Elaboración dun recuncho do Plan Proxecta nas aulas onde expoñemos diferentes follas de árbores autóctonas de Galicia, así como ourizos dos castiñeiros e como saen as castañas dos mesmos.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/Xornal/a_festa_do_magosto.pdf

http://centros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL/Curso_15_16/U_D_O_Magosto.pdf

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepigrexavaladares/system/files/ud_magosto.pdf

 

A programación do proxecto O monte vivo. O home do lume.

– Introdución:
Concienciación dos alumnos da influencia do lume sobre o equilibrio ecolóxico e medioambiental.

– Obxectivos:
* Valorar o monte como un ecosistema produtor de múltiples bens e servizos.
* Reaccionar ante os incendios e a degradación do chan.
* Coñecer a súa biodiversidade (micoloxía, flora, fauna, etc) e os múltiples recursos que contén o monte.

– Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

* Organización:
Colaboran co CPI de A Cañiza tres axente forestais e un vixiante fixo da Consellería de Medio Rural do distrito XVII, o cal está clasificado como ZAR (Zona de Alto Risco).
Alberto Porto Crespo
Iván Urtaza Coto
Antón Pereiras Pereiras
Carmen Rodríguez López

* Desenvolvemento:

– Demostración da merma do monte e da capacidade produtiva do mesmo (augas, ríos, ocio, fauna, plantacións).
– Distinción das tres clases de piñeiros máis característicos da Comunidade Galega: Pinus Sylvestris, Pinus Pinaster e Pinus Radiata, Insigne ou Monterrey
– Novas alternativas ás queimas forestais, destrución da maleza (triturado, cortado de leña, enterrado, apilado para a descomposición, mantillo vexetal…)

* Metodoloxía:
– Charlas informativas.
– Exposición de audiovisuais.
– Saídas ao monte realizando diversas actividades.

Adxunto a seguinte ligazón para a visualización do proxecto: https://omontevivo.wordpress.com/

– Avaliación:
Avaliación do impacto ambiental dos danos causados polas choivas e determinar en que medida se lograron os obxectivos previamente establecidos.
Terase en conta a participación do alumnado nas diferentes actividades e dinámicas.
Ao largo do proxecto iranse facendo preguntas aos rapaces para avaliar o seu interese pola actividade e a súa atención.

Creación do blog “O monte vivo”

O obxectivo xeral é fomentar a participación activa e responsable na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible, e a contribucióná protección da biodiversidade.

As actividades propostas centraranse en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto a diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas, do ocio, …