Programación 2019-2020 -O Monte vivo-

Plan Proxecta CPI de A Cañiza: O monte vivo

 

Introdución

O proxecto que levaremos a cabo ten como obxectivo principal a concienciación do alumnado da protección do medio natural fronte aos incendios forestais, valorando os recursos dos bosques, os seus usos sostibles e a contribución á protección da biodiversidade.
Consideramos que o proxecto pode ser moi útil para un grupo de alumnos e alumnas que viven principalmente no medio rural e o centro está ubicado nunha Zona de Alto Risco de incendios (ZAR).
O feito de estar desenvolvido por diferentes mestres do centro pode ser tratado dun xeito interdisciplinar polo que os contidos que tratamos no proxecto poden relacionarse con diferentes áreas do currículo.

 

Obxectivos

* Valorar o monte como un ecosistema produtor de múltiples bens e servizos.
* Reaccionar ante os incendios e a degradación do chan.
* Coñecer a biodiversidade do noso contorno: micoloxía, flora, fauna, etc.
*Identificar unha turbera e recoñecer o ecosistema que se pode dar nela.

 

Organización, desenvolvemento e metodoloxía

* Organización:
– Tres axente forestais: Alberto Porto Crespo, Iván Urtaza Coto e Antón Pereiras Pereiras.
– Un vixiante fixo da Consellería de Medio Rural do distrito XVII, o cal está clasificado como ZAR (Zona de Alto Risco): Carmen Rodríguez López.
– Dous técnicos forestais: Manuel Méndez López e Venancio Miniño Rodríguez.
– Docentes: Javier Paredes, Juan Manuel Rodríguez e Sonia Rivera.

* Desenvolvemento:
– Elaboración dun novo recuncho de aula para o noso proxecto
– Elaboración dun arboreto con distintas especies arbóreas autóctonas.
– Recoñecemento dos distritos forestais e dun ZAR
– Descripción nunha maqueta da erosión e os danos dos incendios.
– Visita ao monte de Fontefría para o recoñecemento de especies forestais, seres vivos e as turberas.
– Realización dun refuxio de caza.
– Saída ao entorno de Montouto onde realizaremos un breve cuestionario con diversas actividades relacionadas co Proxecto e remataremos cunha merenda baixo a sombra das árbores.

* Metodoloxía:
A metodoloxía que empregaremos para o desenvolvemento das actividades está baseada no aprendizaxe por proxectos, baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizas, centrándonos na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno máis inmediato.
Utilizaremos como medio os seguintes recursos:
– O conto do home do lume. Explotación dos recursos do mesmo.
– Charlas informativas por parte de persoal especializado da Consellería de Medio Rural
– Exposición de audiovisuais relacionados cos incendios forestais e a explotación dos recursos forestais
– Realización de cuestionarios e actividades
– Investigación e descubrimento de novos aprendizaxes a través de fichas explicativas.
– Saídas ao monte realizando diversas actividades.

 

Avaliación

Na avaliación do proxecto valoraremos principalmente a participación activa de todo o alumnado nas diferentes actividades propostas e as dinámicas que serán levadas a cabo.
O alumnado debe participar e ser protagonista principal do proceso, non permanecer como simple espectador.
Todo o traballo que sexa realizado no desenvolvemento do proceso será visibilizado nun blog. Adxunto a seguinte ligazón para a visualización do proxecto:
https://omontevivo.wordpress.com/

Tamén faremos unha avaliación do proceso, para comprobar que o desenvolvemento do proxecto foi o axeitado e se o alumnado acada os obxectivos que foron propostos no inicio do proxecto.
Ao largo do proxecto iremos realizando preguntas xerais ao alumnado para avaliar o seu interese polas diferentes actividades e o seu grado de interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s